Your rating:
"O Corpo de Cristo" é a primeira novela gráfica de Bea Lema. Un cómic autobiográfico que trata a enfermidade mental desde a perspectiva dunha nena. A protagonista é unha filla que vive a patoloxía da súa nai, a cal non recoñece a enfermidade. Ela négase a medicarse, xa que considera que se trata dun “meigallo”. A novela mostra a resiliencia da rapaza fronte os problemas dos adultos. A obra obtivo o XII Premio Castelao da Deputación da Coruña en 2017.
Published: N/A
|Est. Pages: N/A
|View All Languages & Editions